Os socialistas consideran que o alcalde, Avelino De Francisco, actúa con “prepotencia” incumprindo o prazo de 5 días que establece a lei para dar información.

 

O grupo municipal socialista de Cortegada solicitou información mediante escrito rexistrado o día 6 de xullo, sobre varios asuntos de interese do concello. Alberto, o portavoz, explica que aínda que a secretaria está de baixa maternal ese non é motivo para non dar información para que se pare o concello, «ou para que non poidamos exercer os nosos labores de oposición”.

Os socialistas recoran que a Lei reguladora de bases do réxime local sinala que as solicitudes de información por parte da oposición haberán de ser resoltas motivadamente «nos cinco día naturais seguintes a aquel en que se presentara”

O PSOE pregúntase se o rexedor, Avelino De Francisco (ex socialista e agora afiliado ao PP) «non terá algo que esconder para negarse a facilitar o acceso a información». «Sei todo é claro e legal non tería porqué haber problema para que accedamos a esws datos” di o seu voceiro.