Xunta Seguridade Local Carballiño

Celebrouse reunión da Xunta Local de Seguridade de O Carballiño, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de O Carballiño, Francisco José Fumega Piñeira.

 

Na Xunta Local de O Carballiño analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano 2015 (xaneiro – xuño), facendo una comparativa co mesmo período de tempo de 2014. Os datos estatísticos amosan na totalidade de infraccións penais unha tendencia á baixa; 16 puntos menos. Os delitos contabilizados descenden 25 puntos, mentres as faltas repuntan ata os 9 puntos. Descenden así mesmo as infraccións penais sen delito contra a seguridade vial e as infraccións administrativas. Tamén é menor o número de detidos e imputados. Os niveis de esclarecemento manteñen as mesmas porcentaxes (por riba do sesenta e cinco por cento).

No que respecta á actividade desenvolvida en materia de violencia de xénero cabe resaltar o importante labor policial de protección ás vítimas, que se viu potenciada coa firma do Acordo de Coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local de Carballiño, do 10 de xullo de 2014, que tras un ano de funcionamento avalíase o seu impacto como moi positivo.

Na reunión tamén se avaliaron as previsións en materia de seguridade para o segundo semestre do ano, prestándolle atención á chegada do período estival. Deuse conta, así mesmo, dos traballos previos que xa se están a desenvolver, para concretar o dispositivo de seguridade a establecer na Festa do Pulpo.

Trala chegada do verán, e coa previsión da Festa do Pulpo, Roberto Castro sinalou, “a necesidade de incrementar tódalas atencións, e delimitar con exactitude o dispositivo para que a celebración da Festa do Pulpo sexa un referente de normalidade e a seguridade do gran número de visitantes que se acheguen á capital do Arenteiro, estea garantida”.