A localidade acollerá, dende o 22 ao 24 de xullo, o I Curso de Perfeccionamento Instrumental, organizado polo Asociación Cultural Unión Musical de Allariz e a administración local.

 

O obxectivo deste curso radica, segundo explicaba o director da Banda municipal, José Vega, “en profundizar a formación musical dos alumnos e alumnas da Escola de Música da Banda Unión Musical de Allariz”.

Máis de 60 persoas con idades comprendidas entre os 10 e os 70 anos participarán no obradoiro formativo que contará con músicos de banda de renome como Agustín LLopis, Pedro Sucias, Pablo Guimart o Joan Penadés.

As sesión maxistrais terán lugar durante todo o día na que os alumnos participarán en clases individuais e colectivas de frauta, clarinete, saxofón, percusión, tuba, bombardino, trombón ou trompeta. A clausura, que terá lugar o venres 24 na Alameda, incluirá un concerto da banda por parte do alumnado.