Estará ubicado no Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense.

O Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense contará cun Punto de Atención ao Emprendedor (PAE) a partires do mes de setembro. Este novo servizo virá da man dun convenio que suscribirán o Concello de Ourense e o Ministerio de Industria, Energía y Turismo.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, no transcurso dun almorzo Networking con emprendedores que realizan a súa actividade no Centro de Iniciativas Empresariais, avanzou que as xestións realizadas polo concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, en Madrid ante o Ministerio de Industria empezan a dar o seu froito. O pasado 8 de xullo, Pumar mantivo unha reunión de traballo en Madrid con Antonio Fernández Ecker, subdirector xeral de apoio á peme da Dirección Xeral de Industria. Nesta reunión, nun completo clima de cooperación institucional, se estableceron as bases para o deseño e posta en marcha de políticas activas que redunden na xeración de emprego, o apoio á cultura emprendedora e ás pequenas e medianas empresas.

A dotación deste Punto de Atención ao Emprendedor foma parte dun plan municipal concebido para darlle máis valor e servizos ao Centro de Iniciativas Empresariais. Un centro no cal hai tres técnicos de emprego (que xestionarán o PAE), tres orientadores laborais e 9 niños de empresa. «Este novo servizo o complementa e revaloriza», sinala o alcalde de Ourense.

«Calquera persoa que queira iniciar unha actividade empresarial, ben sexa de autónomo, Sociedade Limitada, Sociedade Limitada Nova Empresa ou Comunidade de Bens, poderá acudir a asesorarse a este centro gratuitamente e nun prazo non superior de 48 horas terá a súa empresa constituída», explica Jesús Vázquez.

Os Puntos de Atención ao Emprendedor (PAE) encárganse de facilitar a creación de novas empresas, o inicio efectivo da súa actividade e o seu desenvolvemento, a través da prestación de servizos de información, tramitación de documentación, asesoramiento, formación e apoio ao financiamento empresarial.