A entrega levouse a cabo ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis dun millón de euros.

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda entregou este xoves cinco vehículos destinados á Policia Local dos concellos de Allariz, Barbadás, Celanova e Maceda.

O acto tivo lugar na sede da Policia Autonómica en Ourense, e contou coa presenza do delegado territorial na provincia, Rogelio Martínez. As entregas destes vehículos, que comezaron o pasada semana na provincia da Coruña, estanse a realizar ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros.

Con esta, remata a entrega destes 48 vehículos a concellos da nosa comunidade, e deste modo refórzanse e mellóranse os servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia. No acto de entrega, Rueda destacou a importancia desta dotación por parte da Xunta, que permite mellorar os medios técnicos e a mobilidade destes corpos locais, e polo tanto prestar un servizo mellor e máis rápido á cidadanía.