Foron vendidas á mesma empresa, cunha bonificación do 50%.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Consello de Administración de Xestur, adxudicou sete parcelas de solo empresarial a catro empresas, nos parques das Gándaras (Lugo), Pereiro de Aguiar e Mos. A superficie total adxudicada é de 11.731 metros cadrados e o importe total da venda supera os 668.000 euros.

No parque ourensán de O Pereiro de Aguiar adxudicáronse tres parcelas a unha mesma empresa, cunha superficie conxunta de 3.293 metros cadrados. Esta venda tivo unha bonificación do 50%.
125 parcelas vendidas
Con esta venda son xa 125 as parcelas vendidas por Xestur no que vai de ano grazas ás bonificacións do 30 ou 50 por cento aplicadas. A superficie total vendida supera os 283.000 metros cadrados, co que en só sete meses superáronse as vendas totais rexistradas por Xestur no ano 2008, no que a empresa pública vendeu 282.000 metros cadrados de solo.

As condicións de venda do solo empresarial de Xestur, con bonificación do 30 ou 50 por cento, manteranse ata o 30 de novembro de 2015.