Deputados e senadores PP, con Baltar

O presidente provincial do partido, Manuel Baltar salientou que Ourense “se sitúa á cabeza en investimento por cápita”.

Onde o discurso foi só positivo foi na sede provincial do PP. Alí compareceron o presidente provincial do partido, Manuel Baltar, xunto aos deputados Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Guillermo Collarte e a senadora Carmen Leyte, para dar a súa opinión sobre o proxecto de Orzamentos.

Baltar salientou que Ourense “se sitúa á cabeza en investimento por cápita”, chamando particularmente a atención no feito de que é a provincia con máis investimentos do Ministerio de Fomento, 164 millóns de euros máis que en 2015. Unha cifra que ronda os 800 millóns de euros de inversión real en Ourense e que se deben, precisou o deputado Celso Delgado, “aos fortísimos investimentos” na alta velocidade.

Delgado tamén destacou o “eminente” gasto social dos PGE 2016, ao que destina máis do 53,5% do gasto, e apuntou á “responsabilidade” do Goberno popular por presentar uns orzamentos que perfilen as liñas económicas para o ano que vén. “En 2001 en decembro (cando chegou o PP ao poder) nos atopamos sen orzamentos”, recordou.