A Concellería de Xuventude participa por primeira vez no programa europeo Galeuropa, dirixido a mozos sen traballo.

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense abriu o prazo de inscrición no programa Galeuropa, co que dez mozos e mozas de Ourense sen emprego poderán realizar prácticas no Reino Unido para axudalos a incorporarse ao mercado de traballo. Os participantes asistirán a un curso de apoio linguistico e desfrutarán dunha estadía de 2 meses no Reino Unido.

Os interesados poden consultar as bases na web do Concello de Ourense e no Facebook da Concellería de Xuventude, descargar as fichas de preinscrición e presentalas ata o 31 de agosto presencialmente ou online na propia Concellería. Unha praza reservarase a persona con discapacidade.

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense participa por primeira vez este ano no Proxecto de Mobilidade Transnacional Xuvenil (Galeuropa) para reforzar a empregabilidade e competencias profesionais dos mozos non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, ou recén titulados. Deste xeito, quere contribuír á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional, ao tempo que potencia as competencias en idiomas estranxeiros. O lugar elixido é o Reino Unido.

Os requisitos para formar parte deste programa é estaren inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil do Ministerio de Empleo e ser menor de 25 anos (ou de 30 no caso de padecer un grao de discapacidade do 33% ou superior).