A terceira modificación para estudio da instalación dun elevador mecánico para o acceso ao barrio da Milagrosa non poderá ser incluída por un informe desfavorable.

O Goberno municipal só presentará a aprobación plenaria do mércores as dúas modifcacións que este luns aprobou a Xunta de Goberno local por importe de 6 millóns de euros. A proposta de modificación presupuestaria número 3 sobre elevador mecanizado ao barrio da Milagrosa non poderá ser presentada ao pleno extraordinario do vindeiro mercores, 12 de agosto, por ter informe negativo da Intervención Municipal, aínda que o grupo de goberno anuncia que seguirá conversando con Democracia Ourensana sobre a posibilidade de desenvolver ese novo elevador ao barrio da Cruz Alta.

Nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno local aprobáronse dúas modificacións orzamentarias, por un importe de 6.064.967 euros.

A primeira delas, de 2,4 millóns de euros permitirá facer fronte ao pago das débedas pendentes de exercizos anteriores e dotar crédito para convenios e cofinanciamentos, como as obras previstas no polígono de Seixalbo e programas de emprego (investimentos cofinanciados coa Xunta), o programa de benestar social Ourense Integra ou os convenios con entidades.

Unha segunda modificación de 3,6 millóns de euros, destinarase a investimentos financieiramente sostibles como convenios de abastecemento e de mellora do saneamento, indemnizacións xudiciais, o realoxo dos comerciantes da Praza de Abastos e outros gastos necesarios para a actividade ordinaria das diferentes concellerías de aquí a final de ano.