Máis de 13.000 estudantes iniciaron o curso en educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas) nos centros educativos da provincia de Ourense. A normalidade foi a tónica xeral durante o primeiro día.

Desglosándoos, 8.669 as alumnas e alumnos de ESO e 3.104 ás de bacharelato. No que respecta ás ensinanzas de réxime especial, nas básicas están matriculados 1.403 estudantes, mentres que nas regradas de música o alumnado ascende a 901.

Tamén comezaron os ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) da provincia ourensá. O número de matriculados nestas áreas saberanse unha vez remate o prazo de matriculación.

Educación Secundaria
Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, un total de 8.669 alumnos e alumnas comezaron o curso nos centros ourensáns que imparten a educación secundaria obrigatoria. Deles, 5.538 están matriculados en centros públicos, 2.966 en privados concertados e o resto en privados non concertados. Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminúe lixeiramente  cifrándose en 401.

Bacharelato ordinario
3.104 alumnos matriculáronse en bacharelato ordinario. Segundo a titularidade dos centros, os públicos acollen o maior número de alumnos, un total de 2.552 alumnos fronte os 552 que cursan estes estudos postobrigatorios en centros privados non concertados.
            
Outras ensinanzas
Tamén chegaron ás aulas os estudantes de educación especial e os matriculados en ensinanzas artísticas. Nestas disciplinas destacan, segundo os datos provisionais, os 901 matriculados en ensinanzas regradas de música.

Adultos
No que atinxe ás ensinanzas para adultos, estímase que na provincia de Ourense as cursarán neste curso un total de 1.403 persoas. Das que 84 están matriculadas en ensinanzas básicas de nivel I e II, 617 en educación secundaria para adultos, 258 en bacharelato presencial e 444 no bacharelato semipresencial ou a distancia.