Túnel do Corno

O sinistro produciuse esta madrugada no túnel do Corno, en Laza.

A Garda Civil informou dun accidente laboral acontecido esta noite nas obras da alta velocidade no túnel do Corno, que se saldou cun morto e un ferido grave. O falecido é un mozo de 31 anos veciño de Mieres (Asturias) e o ferido , de 34 anos, é natural de Cuntis (Pontevedra). O suceso produciuse cando os dous se atopaban realizando o seu traballo, na boca dereita do túnel, en dirección a Ourense, enriba dunha cesta suxeita por unha máquina que caeu desde unha altura de catro metros.

Nun primeiro momento o ferido foi atendido no hospital de Verín para posteriormente ser trasladado ao complexo hospitalario de Ourense.

Os dous operarios traballaban para a empresa Coprosa. O túnel do Corno é o máis longo da liña de alta velocidade galega e está situado no termo municipal de Laza.

[Imaxe de arquivo das perforacións do túnel do Corno]