O Concello de Barbadás organizará en outubro a “1ª Mostra de Cinema galego: Na Lembranza”.

A Concelería de Cultura de Barbadás programa para o mes de outubro a “1ª Mostra de Cinema galego: Na Lembranza”.

Todos os venres ás 21:00h, dende o 2 ao 30 de outubro, proxectarase no Auditorio da Casa da Cultura, na Valenzá, un filme diferente. O día 2,  “Sempre Xonxa”, o 9,  “O Bosque Animado”, o 16  “Entre bateas”, o 23 “Ilegal” e o 30 “Trece badaladas”.

A entrada será de balde, previa recollida das invitacións na Casa da Cultura (ata completar aforo).