Jesús Vázquez e a edil de Seguridade Cidadá, Flora Moure, visitaron o Parque de Bombeiros, a sede de Protección Civil e a xefatura da Policía Local

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Flora Moure, visitaron as instalacións municipais do Parque de Bombeiros, Protección Civil e a xefatura da Policía Local.

Nesta visita, que se engloba dentro da rolda de contactos que está a manter o goberno municipal con diferentes departamentos do Concello de Ourense, tanto o alcalde, Jesús Vázquez, como a concelleira de Seguridade Cidadá, Flora Moure, escoitaron as peticións sobre as necesidades dos tres servizos que lles transmitiron os seus responsables.

Estas necesidades, tal e como se puxeron de manifesto, están baseadas fundamentalmente nas carencias de personal que acusan tanto o corpo de Bombeiros como a propia Policía Local. De feito, o alcalde anunciou a intención do Goberno municipal de convocar oposicións na medida en que a lei o permita no vindeiro ano, co fin de mellorar a taxa de reposición destes importantes e fundamentais servizos municipais.