Terá lugar o próximo 25 de setembro e unirá o Parque Tecnolóxico co Santuario dos Milagros.

Baixo o lema “Ourense ten kilómetros de solidaridade”, Cáritas Diocesana organiza o vindeiro 25 de setembro unha andaina nocturna, aberta a toda a cidadanía, que unirá o Parque Tecnoloxico de Galicia (sito en San Cibrao das Viñas) e o santuario dos Milagros, cun percorrido total de 20,5 quilómetros.

A saída terá lugar ás 21 horas no Parque Tecnolóxico, onde se lle facilitará unha camiseta conmemorativa aos participantes, que contarán con tres postos de avituallamento ao longo do traxecto e outro máis na chegada.

A inscrición ten un custo de 10 euros, que serán destinados íntegramente á cobertura de necesidades básicas de persoas en situación de dificultade a través dos distintos programas de Cáritas.

Aqueles que non poidan participar na andaina pero desexen colaborar poden facelo a través da “Fila Cero”, na que se materializarán estes apoios.