Algúns levan semanas en Ourense e outros tan só uns días. Trala la normalidade e sabendo que o COB xogará en LEB Ouro, o club presenta á súa plantilla.

Os primeiros en presentarse en sociedade foron os xóvenes valores Jonathan Barreiro e Ander Martínez. Barreiro é galego e chega a Ourense cedido polo Real Madrid. O xogador leva semanas na cidade -desde que se pensaba que ían xogar na ACB-. Finalmente será en Ouro na liga que participen o que non supón para este galego ningún inconvinte. «Veño na procura de minutos. O traballo será o mesmo -en ACB que en Ouro-«.

En canto a Ander Martínez chegou unha vez sabían na categoría que ían a xogar. Martínez é outro xogador mozo que quere demostrar a súa valía este ano. Chega de Estudiantes.

Rowley e Salash tamén foron presentados. En canto a Rowley chega cun contrato de dous anos no que pode haber corte; todo dependerá da campaña que faga este ano. O ano pasado xogou en Coruña polo que coñece ben a Liga.
Para o trinitense non será unha tempada de transición; ademais de xogarse moito el persoalmente, considera que «hai que respectar ao deporte».

Maksim Salash aterriza en Ourense cedido de Sevilla. Para o xogador de 19 anos este é un ano moi importante xa que pretende demostrar que o ano que vén pode regresar a Sevilla coma un xogador importante. O bielorruso só desexa «gañar» xogando co COB.

Falta un cinco
Gonzalo García de Vitoria apuntou que para pechar a plantilla falta unha peza. Esta será un pívot para acompañar a Rowley. Un xogador con centímetros e músculo para que se «pelexe» baixo o aro. O técnico non ten prisa por incorporar a este xogador e continúa buscando no mercado.