Portada Ourense por Barrios novembro 2015

As conmemoracións do Día Internacional contra a violencia de xénero e unha entrevista coa concelleira de Cultura, Educación e Participación Cidadá, Belén Iglesias, imaxes de portada.

No interior da publicación, informamos sobre o proxecto de mellora da iluminación e da pavimentación da ponte Romana, sobre as demandas para o parque do centro cívico da Ponte por parte da A.VV. As Termas, sobre a aprobación do orzamento de Barbadás para 2016 e sobre os 550.000 euros que o Concello destinará a obras nos barrios e perímetro rural de aquí a que remate o ano.

A polémica sobre o cambio de proxecto para a sede da Confederación Hidrográfica, os candidatos ourensáns ás eleccións xerais ou as iniciativas solidarias que xorden nestas datas son outros dos contidos.

Tamén incluímos unha entrevista ao director do Cardenal Cisneros, o colexio ourensán con maior diversidade cultural entre o seu alumnado, e recollemos a programación navideña do Concello de Ourense.

As imaxes do mes (con especial relevancia dos magostos), os artigos dos nosos colaboradores e a actualidade deportiva son outras das temáticas que atoparás no número de novembro de Ourense por Barrios.

Podes consultalo online.