O martes 9 acollerá o seu tradicional desfile de comparsas, a partir das 17:30 horas.

Allariz celebra, do 8 ao 10 de febreiro, a tradicional Festa do Entroido con actividades para pequenos e maiores.

O Entroido en Allariz comeza o luns 8, ás17 horas, coa Festa Infantil amenizada por un DJ e a Batucada Infantil. E para os máis maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza, como xa é habitual, a Cachuchada a partir das 21:30 horas no Campo da Barreira.

O martes, desfilan as comparsas, co acompañamento musical da charanga Europa de Ourense e a Batucada Axóuxere de Allariz. Ás 17:30 as comparsas darán saída dende o colexio Padre Feijóo ata o Pavillón do Instituto onde se celebrará o Baile de Entroido amenizado por un DJ.

Para despedir o Entroido, o mércores terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00h dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.