O alcalde fixa o luns como último día para chegar a un acordo antes de iniciar a rescisión da concesión por parte do Concello.

Sen avances nas negociacións con Linorsa

Dous meses e medio levan sen cobrar as traballadoras de Linorsa na nosa cidade. E sen visos de que o conflicto laboral se solucione. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, declarou este mércores que “non hai ningún avance”, pois á última xuntanza tan só acudiu a representación dos traballadores, non a parte empresarial.

O Concello quere resolver o conflicto “dentro dos cauces legais” e por iso empraza á empresa para “o máis tardar o luns” se adopte unha medida definitiva.  O grupo de goberno  tratou nos últimos meses de que Linorsa cedera voluntariamente o servizo de limpeza dos centros públicos da cidade a outra empresa, algo que non conseguiu. Agora pretende que renuncie ao contrato, o que facilitaría a contratación doutra empresa, aínda que fose en precario, de aquí ao 30 de xuño, cando vence a concesión.  De non conseguir esta segunda vía tampouco, “teremos que aperturar un expediente para que a rescisión sexa pola nosa parte”, explicou o alcalde. Unha fórmula que sería máis lenta, pois require unha tramitación máis complexa. En todo caso, “nen xuño no peor dos caos esta empresa non vai seguir un día máis”, recalcou Jesús Vázquez.

O rexedor tamén aludiu ás dificultades para abrir expediente informativo a Linorsa, pois o servizo básico de limpeza nos colexios está cuberto; “a día de hoxe non hai constancia por parte de ningún centro educativo de ningunha queixa”, afirmou.  Con todo, desde fai dous meses os pagos á compañía están retidos, atendendo a un embargo de Facenda.