 Antagonista teatro é unha compañía ourensá que defende a necesidade dun teatro que entreteña mentres invita os espectadores a mirar ao seu redor e reflexionar sobre o mundo.

A obra de teatro «Coma e punto» abre unha intensa semana de programación cultural

“Un berro inxenuo contra o medo. (…) Unha peza en formato íntimo onde os intérpretes se mimetizan coa escenografía e a iluminación coa intención de compartir as súas fantasías, emocións e desexos”. É o punto de partida de «Coma e punto», a proposta escénica de Antagonista Teatro, unha nova compañía ourensá que abrirá a intensa semana cultural desta fin de semana na cidade. A obra, presentada pola concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e o elenco principal -os actores José Vaquero, Laura Míguez e Fernando González-, contará con pases o xoves e o venres desta semana.

“Antagonista contribúe á canteira de grupos de teatro de Ourense”, afirmou a responsable de Cultura na presentación de «Coma e punto». Unha compañía que “defende a necesidade dun teatro que entreteña mentres invita os espectadores a mirar ao seu redor e reflexionar sobre o mundo”, dixo. A obra, fala do amor e da perda, das ilusións e dos anhelos nun diálogo permanente cos espectadoras, amosa sen pudor e sen barreiras os resortes do teatro.  Haberá pases o xoves 5 e o venres 6 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.

Outras propostas

A alternativa ao teatro o xoves pola tarde é un novo concerto do ciclo Enclave de Cámara, que este xoves ás 20:30 horas trae ao Teatro Principal a Paul Lewis (Liverpool-1972), un dos pianistas máis talentosos do mundo. No seu programa abordará pezas de Schubert, Brahms e Liszt.

Os máis pequerrechos da casa (até os seis anos) tamén teñen o seu espazo cultural dentro da programación desta fin de semana. Concretamente, na sala Apego do Auditorio, onde estarán coma «Na casa», o último espectáculo de Caramuxo teatro. Unhas montaxe na que, ao redor dunha casiña de madeira, con xardín e moito sol, descubriranlle aos espectadores como unhas poucas casas poden ser unha aldea, e moitas casas poden ser unha cidade.  A cita é o venres con pases ás 18 e 19 horas e entradas a tres euros.

Ernie Watts Cuarteto actuá o venres 6 ás 22:30 horas no Café Latino, dentro da programación do XX Festival Jazz de Primavera.  Domina coma ninguén o jazz e o rythm & blues. Toca o saxo tenor, o saxo alto, o saxo soprano e a flauta, e vén acompañado de piano, batería e contrabaixo. Participou na xira de 1981 de The Rolling Stones e en moitos dos álbumes de Mrvin Gaye para a Motown. A entrada costa 15 euros.

O sábado, Luis Davila -debuxante de Bueu que ilustra diariamente as páxinas de Faro de Vigo coa súa viñeta de humor- e o polifacético actor arousán Carlos Blanco combinan enxeños e artes para atopar o cóctel perfecto. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Con música ao vivo de Budiño e de Kepa Junkera. Un «Menú de noite» a partir das 20 horas no Auditorio Municipal.

A cita dos domingos co teatro infantil vén da man da compañía Mamá Cabra e a súa proposta Músicas para a paz. Un espectáculo apto para todos os públicos no que nos contarán as aventuras de Discordia, unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. A mediodía no Auditorio.

Remata a semana con «Viejóvenes» no mesmo recinto a partir das 20 horas do domingo. Dicir Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla abondaría para presentar o espectáculo. Estes dous cómicos chegan a Ourense cum novo espectáculo con motivo dos seus doce anos de traxectoria artística, “ano arriba, ano abaixo” .Humor absurdo e surrealista.  Que xa amosaron con Muchachada Nui, La hora Chanante e Museo Coconut, creados e dirixidos por eles mesmos.