O programa de actividades inclúe catas de viños, degustación de hamburguesas gourmet e unha merenda saudable para os máis pequenos.

Ana Oca ofrecerá un showcooking para nenos dentro de  “Barbadás a bocados”

Dezaoito establecementos hosteleiros  presentaron o seu particular pincho ó primeiro concurso de petiscos de “Barbadás a bocados”, unha inicitiva gastronómica que terá lugar do 16 ao 18 de setembro neste  municipio e que se completa con catas, degustacións e ata un showcooking.

Ademais, contarase cun box, un espectacular colector marítimo modificado, que estará ubicado na avenida Celanova 37-39; e que acollerá o sábado 17  ás 11 e ás 17:30 horas cursos de iniciación á cata de viños; e dous showcooking, un para nenos da man de Ana Oca, finalista de Masterchef Júnior e outro para adultos co recoñecido chef César García, do restaurante Misturas (O Grove). Xa o domingo, este espazo será empregado para promover e fomentar hábitos saudables entre os máis pequenos, día no que se inclúe unha merenda saudable.

Ademais, durante esta fin de semana haberá degustacións de hamburguesas gourmet, e os establecementos hosteleiros participantes ofertarán un petisco (a prezo de 1,50 euros), optanto a gañar os premios ao mellor pincho popular e ao mellor pincho profesional. Ademais, os clientes que proben polo menos catro petiscos entrarán no sorteo de vales de compra por valor de 50 euros para gastar no comercio local.