Iván Feijoo, Carlos Canal e Noela Saa proclamáronse campións galegos de ciclocross.

Tres títulos para pechar o ano

Iván Feijoo en júnior e Carlos Canal e Noela Saa, en cadetes, finalizaron o ano conquistando o campionato de Galicia de ciclocross.

Un gran remate para un gran ano para os integrantes do  Academia Postal Actyon MMR con estes tres títulos autonómicos.

Na última cita copeira disputada en Cambre certificáronse os títulos. Iván Feijoo controlaba a súa carreira de principio a fin; o seu compañeiro, Abel Franco, era terceiro subindo tamén ao podio.

Igual que Feijoo pero en cadetes, Carlos Canal mostaba a súa autoridade para levarse a carreira e o título. En féminas, Noela Saa vencía e lograba o seu primeiro entorchado autonómico. Aida González acompañaba a Saa no podio desde o terceiro caixón

En Elite sub 23, Román Saa, acadaba a medalla de bronce nesta despedida de ano.