Despois de tres tempadas o conxunto ourensán de hoquei Caldaria Barrocás logrou o ascenso e regresa á División de Honra B.

“En División de Honra B poderemos ver hoquei de nivel”

Jaime Amorín, presidente do CH Caldaria Barrocás, vinculado ao hoquei durante preto de 30 anos, fálanos da importancia de que o equipo sénior ascenda a División de Honra B e das dificultades para cubrir o orzamento e as esixencias da Federación Española de Hoquei.

Por fin chega o regreso á segunda división nacional.
Jaime Amorín: “Baixamos no mesmo ano da máxima categoría (División de Honra A) á B e á Autonómica. Despois de 14 anos en DH B e catro en A. Pero xa estamos onde merecemos”.

Agora chegades a un novo escenario, un pouco máis profesional para un equipo totalmente amateur.
J.A.: “É o que lle digos aos rapaces: son profesionais sen gañar nin un euro, incluso teñen que mercar o material deportivo”.

E ca problemática das novas normas.
J.A.: “Hai novas normas para xogar en División de Honra B que o campo de Mariñamansa non as cumple. Paseille un escrito ao concelleiro de deportes. Despois de decir que o campo é propiedade da Xunta que mediante un convenio o Concello encárgase do mantemento. Tamén está presentado na Xunta. Despois de dar a sensación de que se pasaban a pelota finalmente o Concello comprometeuse a facerse cargo das reformas necesarias para que o equipo debute, sen problemas, en setembro na nova categoría”.

Cales son as reformas obrigadas?
J.A.: “Os bancos nun cumpren a normativa, o marcador tampouco, e hai que colocar unha cámara durante os partidos para gravalo e pasarllo a federación española. O campo ten 18 anos e cambiouse o tapete fai oito, e apenas tiveron mantemento. Fixéronse outras instalacións deportivas”.

A aínda por riba, o orzamento.
J.A.: “Soamente o do primeiro equipo vaise a 60.000 euros. A Federación Española cóbranos un canon de 5.000 euros. Iste é un deporte amateur pero non entendo que sucedan estas cousas. Ademais, fai dous anos había dous árbitros e agora hai dous árbitros máis un delegado técnico ao que tamén temos que pagar; e aparte temos que pagar as fichas á federación galega de todos os equipos.
Agardemos que este ano a Diputación nos axude un pouco máis, xa que baixo o noso punto de visto a súa aportación foi moi pequena despois dos méritos feitos. Tamén agardamos que a Xunta aporte máis ao entrar no convenio de Deporte Galego. Co Concello estamos satisfeitos xa que nos custea as viaxes aos campionatos de España”.

Dixeches 60.000 euros de orzamento para a próxima tempada. Difícil cubrilo.
J.A.: “Si, é moi complicado. Xa comentei cos rapaces que este ano terán que pagarse a ficha ademais de todo o material deportivo. E non só os de División de Honra, senón todos. Por que temos unha viaxe a Canarias, tres viaxes a Terrasa (Cataluña), tres a Madrid, un a San Fernando (Cádiz), a Valencia, San Sebastián; e iso é moito gasto”.

Preocupa non chegar a cubrir o orzamento?
J.A.: “As subvencións as recibimos a final de tempada. Así que haberá tempo de facerlles ver o traballo que facemos, de onde son os deportistas que xogan aquí -todos falan galego e castelán, non inglés-; quero dicir que son ourensáns, os seus pais pagan os impostos aquí. Quen queira deporte profesional que o pague. Está claro que non temos a mesma masa social que o fútbol e o baloncesto, pero se nos deran os mesmo cartos nós seríamos campións de Europa”.
En canto a patrocinadores, temos a Caldaria que nos axuda, a Centro Médico El Carmen que nos axuda; despois son pequenas axudas. Así que tocará traballar neste verán”.

Importante que o equipo estea na División de Honra B.
J.A.: “O nivel do hoquei ten que subir. Se nos quedamos na Liga galega os rapaces non teñen alicente para vir a adestrar todas as semanas e sacrificarse. Nesta categoría poderemos ver hoquei de nivel; e sen despreciar a ninguén, na Galega os nosos resultados eran moi abultados; non estabamos nunha liga competitiva e iso nótase cando participamos nunha fase de ascenso”.