A 27ª edición terá lugar este domingo, 1 de xullo.

3.500 pezas de pan de Cea preparadas para a súa festa

Os fornos de Cea xa se preparan para a celebración do 27ª edición da Festa do pan de Cea, na que se prevé a venda de 3.500 pezas de pan.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e do presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, Carlos Rodríguez, presentaron o evento.
Manuel Baltar destacou “a singularidade deste produto, único pan con Indicación Xeográfica Protexida”.

Programa
O programa da festa comezará o sábado 30 coa V Ruta dos Fornos, na que se pode “adquirir unha pulseira que, por 10 euros, permite visitar todos os fornos gozando das súas experiencias gastronómicas, ademais de levar unha taza de recordo”, indicou o presidente do Consello Regulador, Carlos Rodríguez.
O día grande, o domingo, ás 13 horas terá lugar o pregón, a cargo do cociñeiro Adrián Díaz García, do programa “Larpeiros” da TVG, e posteriormente ofrecerase unha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade, e o tradicional xantar, no que está prevista a participación dunhas 500 persoas.