O Consorcio contra incendios continúa a incorporar novos medios técnicos a súa dotación.

Un camión nodriza contra os incendios da provincia

O Consorcio provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento continúa a renovar a súa dotación de medios técnicos de emerxencia, nesta ocasión trátase da incorporación dun camión nodriza con capacidade de depósito de 8.000 litros e que está dotado cun equipo de comunicación “Red Tetra” e carrete de mangueira de 45 metros para unha intervención máis rápida. “Trátase de continuar a dotar ao Consorcio Provincial de máis medios materiais que contribúan a ofrecer un servizo cada vez de mellor calidade aos nosos veciños”, sinalou o presidente do Consorcio, Pablo Pérez.

Nese mesmo senso, Pablo Pérez lembrou que o Consorcio vén de aprobar, no seu último Pleno, unha modificación orzamentaria que ascende a 600.000 euros que se investirá na dotación de máis medios técnicos de emerxencia e na mellora do acondicionamento das distintas instalacións dos parques de bombeiros que conforman o consorcio. Entre esas novas adquisicións están un vehículo urbano pesado e un furgón de servizos varios.