Na cuarta edición da “Noite de Medo”.

Verín converte o seu casco vello nun “Túnel do Terror” para celebrar o Samaín

O Concello de Verín presentou a programación da cuarta edición da “Noite de Medo”, que se levará a cabo o día 31 de outubro para celebrar o Samaín en Verín. Este ano, o Concello volverá a converter o Casco Vello da vila nun arrepiante “Túnel do Terror”.

O tunel do terror contará algúns dos personaxes máis coñecidos no mundo do cinema de terror así como coa ambientación e transformacións das propias rúas incluídas no percorrido do túnel, que contará con efectos especiais, decoración e iluminación de terror.

Nesta edición o acceso ao túnel realizarase, a partir das 20:30 horas, desde a rúa da Cruz e percorrerá as rúas do Pozo e Viriato, ata chegar a praza Maior. As entradas, que terán un prezo de 2 euros, estarán dispoñibles a partir das 18 horas no punto de acceso ubicado na rúa da Cruz.

Temática
Un accidente dunha furgoneta con cepas de varios virus altamente tóxicos provocan unha fuga da carga nunha rúa de Verín… parece que está a afectar á xente.

O túnel estará formado por varias seccións que recrearán escenas terroríficas repletas de diferentes personaxes que interactuarán cos valentes que se atrevan a aventurarse neste Túnel. Tamén terán que penetrarse na zona Jurassic Park onde parece que o virus tamén afectou aos dinosauros.