A segunda edición celébrase o día 1 de maio.

Andaina Solidaria en favor de Cruz Vermella Monterrei

O vindeiro 1 de maio, celebrarase a II edición da Andaina Solidaria de Verín, organizada polo Concello de Verín e o Clube Sendeiristas de Monterrei, en beneficio de Cruz Vermella Monterrei.

O percorrido, que será de 13 quilómetros, comezará na Praza da Mercé (oficina de Cruz Vermella), e discorrerá por Queizás, o Castelo de Monterrei e A Pousa, para rematar na Praza Maior de Verín.

As inscricións terán un prezo de 5 euros, correspondentes a adquisición dun boleto do Sorteo de Ouro da Cruz Vermella, que poderá adquirirse en Ferretería Lucas (rúa Galicia, 6.) ou na propia Oficina de Cruz Vermella Monterrei (Praza da Mercé, 16).