Entrevista a Jiménez Morán - PP de verín.

“A nosa prioridade é a creación de emprego”

Como definiría a situación do concello?
Jiménez Morán: “A situación económica é cuanto menos preocupante. A nivel socioeconómico, Verín atravesa o peor momento da súa historia nos últimos 30 anos. Débense máis de 3 millóns de euros dende 2017, os locais non paran de pechar (van máis de 60), case 1.000 persoas abandonaron a vila en pouco máis de catro anos”.

Cal é o principal problema do concello?
J.M: “A falta de traballo, oportunidades e futuro que fan que non pare de emigrar xente. E por suposto o derroche económico do actual grupo de goberno que está facendo inviable este Concello”.

Que propostas ten para a dinamización económica?
J.M: “A nosa prioridade absoluta pasa pola promoción económica e sobre todo a creación de emprego. Imos dar as máximas facilidades posibles para que se produzca un rexurdimento industrial e comercial para o noso concello. Como son moitas as propostas invitámosvos a todos a ler o noso programa electoral, onde as detallamos con máis precisión.
Tamén consideramos primordial a promoción seria e efectiva do termalismo e do turismo; coa captación de empresas hoteleiro-termais que poñan en valor un dos principais recursos que ten o noso Concello, non o que se está a facer actualmente”.

Cal é a principal medida que quere levar a cabo?
J.M: “Como dixen, o rexurdimento industrial, os nosos maiores esforzos van ir destinados a atracción de empresas á nosa vila, posto que son a chave para que deixe de marchar xente e tamén para xerar emprego de calidade”.
Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccións?
J.M: “Penso que todas as formacións merecen o meu respecto democrático”.

Como definiría a lista do seu partido?
J.M: “Unha lista ilusionante e innovadora, que combina experiencia con xuventude; presenta unha renovación do 62%. E o máis importante, cun proxecto de futuro para todos os verinenses”.

En caso de non obter a maioría o 26 de maio, pactaría con algún outro partido para gobernar? Con quen si ou con quen non?
J.M: “O noso obxetivo é sacar a maioría suficiente para gobernar, como fixemos durante 17 anos.
En caso de non logralo, pactariamos con aqueles grupos políticos que coincidiran co noso programa”.