Entrevista a Gonzalo García de Vitoria, adestrador de COB.

“Era importante poder estar aquí, onde a confianza é mutua”

Firmou por un proxecto de dous anos máis, despois dos sete que xa leva no club ourensán. O adestrador vasco Gonzalo García de Vitoria acaba de firmar dous anos máis á fronte do Ourense Rio Termal. Esta será a sexta tempada que dirixirá ao equipo ourensán na Liga LEB Ouro co obxectivo, primeiro, de conseguir un equipo implicado e competitivo e, segundo, volver a entrar nos playoff polo ascenso.

Firma por dous anos máis, xa estás asentado no club?
Gonzalo García (G.G.): “Se lembras o primeiro día que viñen e o que remarquei, e ao estar aquí no meu sétimo ano. Lin o outro día que era o adestrador que máis tempo levaba no club e en Melilla ata fai un ano tamén. Eso demostra a miña idea de ir aos sitios para intentar estar, crear proxectos e axudar a medrar co club. Para min era importante o que comentei ó principio, poder estar nun sitio e que mellor que aquí onde a confianza é mutua, e temos as nosas limitacións como todo o mundo. Pero se facemos memoria de todos estes anos eu fun moi feliz”.

Este ano costoulle máis renovar?
G.G.: “Quería saber a onde podía chegar o club. É verdade que polo tema político estivo todo moi parado. Falei con César e Camilo e a idea é a de sempre, pero para min ter un proxecto a dous anos era importante porque gústame traballar con esa tranquilidade de saber que hai proxecto. Por iso se parou un pouco máis o tema. Estivo parado a nivel político pero non a nivel social e económico porque me consta que César e Camilo están traballando moito para poder medrar como club”.

Que equipo desexa para o ano que vén?
G.G.: “Como sempre un equipo implicado, independentemente da capacidade económica polo menos que haxa implicación. Creo que nestes anos tivemos iso, equipos que nos bos momentos é todo máis fácil pero que nos malos momentos o equipo estivo implicado e comprometido co club. Iso é o que vou a buscar, haber si temos sorte e o atopamos. Busco xogadores que poidan liderar isto e como sempre outro grupo de xogadores que poidan medrar e, outro ano máis, ser un club exportador, creo eu”.

Ott e Van Wijk xa renovaron, haberá algunha máis?
G.G.: “Gustaríame facer un proxecto máis continuista pero a idiosincrasia do club é esta, e é o que hai. Que Ott e Van Wijk estean, só falta a sinatura, demostra un compromiso total e para nos é moi importante. Pola nosa estrutura, forma de traballar e as nosas capacidades pois si que estamos demostrando que somos un club que onde os xogadores que queren traballar evolucionan e logo teñen capacidade para ir a proxectos con máis renome. Iso é tamén un dos obxectivos que nos marcamos e que vendemos aos axentes e xogadores, e o conseguilo tamén nos avala para poder disfrutar nun futuro de xogadores que cremos que teñen un nivel máis alto e que queiran vir aquí a dar un salto definitivo”.

Acaba de abrirse o mercado, como ve este verán de fichaxes para o COB?
G.G.: “Polo de agora estase vendo que Palma está rompendo o mercado, pero tamén é verdade que Breogán aínda non entrou pero o fará moi forte. Igual que San Sebastián que non entrou pero vai entrar tamén moi forte. Ímos ver o que pasa con Melilla, que o fará moi forte seguro. Dos movementos que houbo agora eu penso que remarca as aspiracións de cada un. Só houbo movementos de equipos potentes como dixen antes e despois o Granada que mantén o bloque do ano pasado e o que está reforzando ten moito nivel. Oviedo o pouco que fixo, fixoo intelixentemente, o fichaxe de Alber Reyes por dous anos, as renovacións de Arteaga, de Llorente non sei se está feito ou non… a priori xa di un pouco que equipos van a ter potencial. Agora mesmo é todo complicado porque os equipos con potencial poden mandar ofertas superiores ao resto de equipos. O resto dos mortais temos que agardar e intentar facer algún movemento ou movernos moito e preguntar moito”.