Entrevista á actriz Josi Lage

“O público adoita dicirme ao rematar que a experiencia é inesquecible”

Entrevistamos a Josi Lage, actriz, directora, mestra e moitas cousas máis. Este ano foi o último ao fronte de FETEGA; agárdana outros proxectos.Josi Lage deixa o FETEGA para adentrarse noutros proxectos. Con ‘Barbarie en branco e negro’ actuou en New York realizando unha performance que trata sobre a violencia de xénero.

Tan xove e xa 28 anos de carreira, mirando cara atrás pagou a pena?
Josi Lage: “Sempre paga a pena. Non importa o tempo que faga falta. O obxectivo é chegar a gozar da viaxe”.

Sempre que falas en público por calqueira sitio que vas, sempre co Carballiño no corazón.
J.L.: “Síntome carballinesa ao 100%. É un orgullo levar o nome da miña terra por onde faga falta e se é practicando cultura, mellor. Non só polo seu pulpo se coñece O Carballiño. Foron moitos anos ao fronte do FETEGA, e ti sabes ben que sempre teimei para que se fixera aquí. Levo O Carballiño na alma, no corazón e en todo o que fago e son”.

Actuaches en New York con ‘Barbarie en branco e negro’, unha obra nada convencional. Un novo reto para Josi?
J.L.: “Así é. pouco convencional na maneira de executala. Esta performance se fai practicamente en escuridade total, só coa luz dunha pequena lanterna. Interactúo co público na escuridade. Hai unha parte con moita expresión corporal (a que está baseada no Guernika) e hai moito sususrro preto das orelliñas do espectador. O público senta no chan, preto de min”.

Que tal foi a experienciana “cidade dos reñaceos”?
J.L.: “A verdade é que foi un éxito, unha marabilla. Estivo plagado de escritores pintores, de poetas. Encantoulles a peza e incluso me dixeron que estaba creando tendenza. É incrible que unha rapaza do Carballiño, de Arcos, filla de pulpeiro chegue a New York creando tendenza ou estando á altura do que se está a facer alí. Que che digan escritores ou pintores que lles inspiraches coa túa peza e a forma de executalo; e aínda por riba que o van plasmar nas súas obras é espectacular. Veño cos pelos de punta, moi contenta, moi feliz; estou nunha nube. Ademais a cidade é marabillos, regreso coa mochila chea de experiencias. É un soño cumprido, ademais de actuar nesa cidade facelo nun lugar emblemático como é “La Nacional” onde Lorca, o autor dramático español máis importante comezou a escribir “Poeta en New York”. Sobrecólleme e teño moito que agradecer a Marcos de la Fuente, que dalgún xeito é o culpable de todo isto”.

Unha performance teatral basada no Guernika de Picasso e con temática sobre a violencia de xénero, non tes medo que non se entenda ben ou que sexa pouco valorada?
J.L.: “A verdade, funciona moi ben. O público adoita a decirme ao rematar que se atopou intranquilo pero a gusto, que a experiencia é inesquecible, que o acercamento e atmósfera que se crea durante a actuación non é para nada agrasiva, pero si que os sitúa no punto central a eles, pero lles axudo a entendernos mellor. Todo o que sexa reflexionar sobre a violencia de xénero deste xeito, fai que nos entendan moitísimo máis, todo o que pasamos a diario as mulleres.

Esta performance e dalgún xeito una reivindicación do feminismo, de buscar tamen a visibilidade da muller e a problemática do abuso do patriarcado, unha experiencia nova ao estar tan preto do público, incluso co contacto físico, un corpo a corpo?
J.L.: “É unha peza que pon o foco no público, non na intérprete. Que convida á reflexión desde un lugar no que non acostuman a estar como vehículo de tocar conciencias, almas e corazóns”.

Supoño que sería unha nova experiencia.
J.L.: “Para min si. Quería rachar coa cuarta parede do teatro, non quería que os espectadores estiveran cómodos sentados nas butacas. Quería que sentiran esa incomodidade de onde están, de que hai dentro de cada un de nós pero dun xeito non convencional. O mellor é que veñan a ver ‘Barbarie en branco e negro’. Nela están todas as necesidades que precisaba mostrar e que brillantemente dirixiu Esther Corrodeguas. É unha peza que pon en jaque ao espectador”.