O Festival de Curtas de Verín celébrase do 5 ao 13 de setembro.

Continúa a aposta do FIC pola cultura

O conselleiro de Cultural en funcións, Román Rodríguez, comentaba en varios eventos que presentou durante estas datas que o máis sinxelo era suspender a edición do evento cultural de turno deste ano e pospoñelo ao que vén; tamén dicía que erá de agradecer que non se conformaran co fácil e buscaran -os organizadores-, dentro das medidas de seguridade a adoitar, fórmulas para sacar adiante as propostas culturais.

O Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC Vía XIV) é un deses eventos que non baixaron os brazos en plena pandemia pola COVID19 e decidiron traballar para que a vila do Támega non se quedará sen un dos seus referentes culturais dos últimos anos. Por iso, decidiron apostar por sacar adiante unha quinta edición que, como non podería ser doutro xeito terá modificacións pero que non faltará á cita neste atípico 2020. Este ano o terá lugar do 5 ao 13 de setembro e unha das medidas máis destacadas será que todas as proxección pasaranse no Auditorio.

Premios
Os premios mantense os de cada ano que son: os premios do xurado á mellor curtametraxe nas categorías Entroido, Migración/Fronteira – horizontes, Galego/Portuguesa – A Raia e Nova; ademais do premio do Público á mellor curta.

Actividades
Dentro da programación, ademais das pezas que entran en concurso o festival conta con actividades paralelas. No marco do V FIC terá lugar a estrea oficial do documental Entroidar, de Pablo Ces, e que adentra no Entroido de Laza. Outro documental que tamén se poderá visionar no FIC será Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello” e Fran Naveira; trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba. E a terceira das actividades paralelas ten que ver coa música; cinco integrantes da Banda de Gaitas Nova Era ofrecerán unha proposta musical orixinal, porán a música a O carro e o home.

Cartel do V FIC
A deseñadora Olalla Diéguez Boo é a autora do cartel ilustrador da quinta edición do FIC Vía XIV de Verín. A idea creativa ao redor da que se asenta o cartel toma como eixo temático a ciencia-ficción. Así, a autora presenta unha nave espacial que abduce algúns dos edificios máis representativos de Verín, perfectamente recoñecibles no deseño, como metáfora do poder da sétima arte, que envolve a vila durante os días que dura o certame.
Segundo a autora do cartel ilustrador, “calquera deseño debe contar unha historia e calquera historia debe ter un protagonista”. Neste sentido, remarca que “eu tiña claro que quería dar protagonismo á vila de Verín”. É por iso que representou no cartel algúns dos edificios máis emblemáticos da localidade como a casa reitoral.

Premio do público
Por outra banda, o artesán verinés Gerardo Fernández é o autor do Premio do Público do FIC Verín. O deseño recrea unha bicicleta e unha cámara e pretende honrar a memoria do seu fillo Gerardo Fernández Pousada, “Geri”, finado hai tres anos.