O Caldaria Barrocás, de División de Honra B descansou esta fin de semana.

Primeira xornada da liga Galega masculina de hoquei herba

Este pasadao sábado, 31 de outubro, produciuse a posta de marcha da competición do hoquei en Galicia, nesta tempada 2020/2021. A disputa da primeira xornada da liga Galega sénior masculina foi o pistoletazo de saída.
Un inicio moi importante, dadas as dificultades que supón poñer en marcha as competicións, cumprindo os protocolos sanitarios que afectan ao deporte federado a nivel autonómico. A Federación Galega de hoquei, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte (Xunta de Galicia), desenvolveu un protocolo axustado á normativa, que permitiu o arranque da competición.
Os partidos de Liga Galega disputáronse nos campos de Mariñamansa (Ourense) e A Torre (Coruña). Toma de temperatura, uso de máscaras, distancias de seguridade, uso de xeles hidroalcohólicos, e outras medidas, foron a tónica xeral nos partidos. Unhas normas ás que os deportistas xa están afeitos, dado que xa se aplican nos adestramentos, durante a semana.

Resultados
Os resultados desta primeira xornada son os que siguen:
Cidade de Ourense – CH Barrocás: 1-0
CD Santo Cristo – G. Cudeiro: 8-1
At. Coruña – Atletic Coruña 2007: 7-1

Caldaria Barrocás
Tralo parón desta semana, a competición para o Caldaria Barrocás -División de honra B- reanúdase a vindeira fin de semana. Os ourensáns reciben en Mariñamansa -domingo, 8 de novembro a partir das 12 horas- ao Vallés Desportiu.
Os pupilos de Roberto Oliveira ocupan a oitava posición da clasificación con catro puntos logo de tres partidos disputados.