Este pasadao sábado, 31 de outubro, produciuse a posta de marcha da competición do hoquei en Galicia, nesta tempada 2020/2021. A disputa da primeira xornada da liga Galega sénior masculina foi o pistoletazo de saída. Un inicio moi importante, dadas as dificultades que supón poñer en marcha as competicións, cumprindo os protocolos sanitarios que afectan […]
A semana pasada Concello, Deputación e Xunta reuníanse para tratar sobre onde se ubicaría o futuro centro de atención terapéutico e ocupacional que dará servizo ás persoas con discapacidade de máis de 21 anos da provincia (CAPD). Logo do estudo por parte dos técnicos das tres administracións implicadas neste proxecto – a autonómica, a provincial […]
Ourense acolleu, o pasado 21 de xaneiro, o Campionato de Galicia de hoquei sala no que o Barrocás proclamouse vencedor. Os barrocos venceron ao Albor, tamén ourensáns, na final por 6 goles a 1. Con este resultado os pupilos de Roberto Oliveira se clasifican directamente para a fase final do Campionato de España. Devandito torneo […]
A Escola Infantil “Galiña Azul” de Barrocás será remodelada no seu interior durante o mes de agosto. Por este motivo, o alcalde, Jesús Vázquez, e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, visitaron este venres o edificio, cuxas obras de reforma suporán un investimento de 59.800 euros por parte do Consorcio Galego de Servizos de […]
Esta fin de semana disputase en Mariñamansa a fase semifinal de ascenso. O Barrocás (anfitrión) terá como rivais a San Fernando (Cadiz), San Vicente (Alicante) e Kale Lagunak (Guipuzkoa). O venres debuta ante os andaluces (ás 18 horas), que son, a priori, o rival máis forte; ás 20 horas disputarase o San Vicente – Kale […]
O Concello de Ourense, no marco do I Plan de Infancia e Adolescencia municipal, organizará o vindeiro luns, día 28 de marzo unha actividade de animación na Asociación Veciñal de Barrocás, de 16:00 a 17:45 horas, para escolares de 3 a 15 anos. Centradas na divulgación dos dereitos da infancia, catro monitores coordinarán as actividades […]
Por Silvia Nieto. Limpeza, alumeado, saneamento… as demandas dos veciños de Barrocás non mudaron en absoluto co paso dos anos, e isto débese, segundo denuncian, á indiferencia dos políticos. Falamos con Nieves Díaz (presidenta), Luis Blanco (vicepresidente) e Vanessa Fernández (tesoureira) dunha das asociacións veciñais máis activas da cidade. Cando se fundou a asociación de […]