O último foi o alcalde de Melón.

O delegado remata a rolda de contactos cos 92 alcaldes da provincia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Melón para reunirse co alcalde Emilio Luís Díaz, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.

Gabriel Alén pecha en Melón a primeira rolda de contactos cos mandatarios dos 92 concellos da provincia de Ourense, “unha experiencia -segundo o delegado territorial- de aprendizaxe diario que me aportou un coñecemento máis detallado e profundo da realidade municipal da provincia”. “Para alguén que ven de ser alcalde é moi importante vivir de preto os retos e necesidades do territorio para tentar mellorar a situación, ben sexa, do seu pobo, da súa cidade ou da súa provincia”; sentenciou.

SOURCE: Delegado da Xunta, Gabriel Alén