Desde o outro lado da raia.

A verdade acerca do sal

O sal forma parte da rutina nas maioría das dietas. Engádense incluso en alimentos que xa están cargados desta substancia e é por elo que a OMS di que «o mundo está creando unha crise de enfermidades non infecciosas». É un dos principais culpables de xerar enfermidades cardiovasculais e só hai unha substancia que lles causa maior preocupación: o tabaco.

O noso corpo precisa sal para que as células nerviosas a utilicen para crear impulsos eléctricos. Tamén é certo que a maioría das persoas comen máis do que precisan. Os médicos recomendan, continuamente, un baixo consumo de sal. Acumulamos exceso de sodio, que os riles non poden excretar, e como resultado transportamos demasiado deste fluído que causa unha serie de problemas de saúde. O aumento da presión arterial é unha consecuencia inevitable deste exceso de fluído que circula polo organismo. Algunhas persoas son máis sensibles que outras e é por iso que necesitan doses máis altas de pirulas para combater a presión arterial. Cabe sinalar que tamén sucede, os comprimidos chegan a non xurdir o efecto desexado e serían precisas outras axudas.

Os gobernos implementan programas de redución de sal e ten dado algún resultado, máis o mellor e que fagamos o hábito, de facer o experimento de, por exemplo, consumir todo coa metade de sal.
Unha forma de reducir o sal é usar especies no seu lugar; engadilos á comida fai que sexa máis sinxelo reducir o consumo de sal. As especias tamén poden traer os seus propios beneficios para a saúde. Por suposto, aínda queda moito por facer para probar os beneficios que a vecese se din, mais todas as especias son boas, con resultados, a veces, sorprendentes.

O sal das nosas cociñas non é sal, senón cloruro de sodio e é esta sal a que debería ser substituída pola flor do sal e o sal vermello do Himalaia, polo seu contido en varios minerais e por ser máis puro. Pero demasiado exceso tamén é perxudicial.

João Damião

SOURCE: O sal