Pecha xullo cunha festa da escuma.

O Campus de Xinzo, móllase

A alta demanda rexistrada do Campus de Verán de Xinzo de Limia fai que os organizadores decidan prolongalo cunha nova quenda. Esta terá lugar do 1 ao 12 de agosto. A iniciativa, promovida polo Concello e as E.D.C., trata de facilitar a conciliación das familias. Con esa filosofía estenderase ata mediados do próximo mes, polo que os interesados terán unha nova oportunidade para participar.

Os nenos e nenas que disfrutaron das actividades en xullo despedíronse cunha festa da escuma e inchables. Orientación, sendeirismo, pádel ou piscina foron algunhas das propostas das últimas semanas.

As inscricións poderán realizarse na Casa da Cultura ou no pavillón de deportes.

SOURCE: Campus Verán Xinzo