Leopoldo Rodríguez Puga, candidato do BNG en Celanova
Como definiría a situación actual do Concello?
Leopoldo Rodríguez: «O Concello está secuestrado, en mans de intereses privados, uns queren promover negocios urbanísticos, outras queren ter un salario público. Non hai proxecto nin traballo».
Cal é o principal problema?
L.R.: «Pois a falta de proxecto e a incompetencia na xestión ordinaria. Celanova está parada. Non hai iniciativa, e as poucas decisións que se tomaron, agravaron o declive».
Cal sería a medida estrela do BNG para o próximo mandato 2023-2027?
L.R.: «Empezaremos por elaborar un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para ordenar o urbanismo e ter unha base para mellorar e mobilizar á sociedade civil, comercio, hostalaría, mocidade, asociacións, etc. Nós si temos un plan que é o de revitalizar social e economicamente Celanova».
Que propostas presentan, sobretodo, en dinamización económica?
L.R.: «Para dinamizar economicamente a vila hai que recuperar as feiras e eventos especializados de consumo de proximidade, promover una oferta turística centrada no patrimonio e na historia, mobilizar solo industrial e orientar sobre posibilidades de emprego e cooperativismo, en sectores como o primario e os coidados».
O BNG apoiou a elección de Antonio Puga (Celanova Decide) como alcalde, pero sen entrar no goberno. Cre que ese apoio viuse reflectido nas demandas do seu grupo?
L.R.: «Non cumpriu nin un só dos acordos aos que chegamos para facilitar a súa investidura. Tampouco os acordos que promovemos nos plenos durante estes catro anos. Non é de fiar».
Se chegado momento fixeran pactos, que pactos farían e se repetirían o apoio a algunha das forzas que se presentan?
L.R.: «Falaremos diso despois das eleccións en función de como se repartan as forzas. O que xa sabemos é que polo Goberno local de Celanova pasaron populares, socialistas e oportunistas de todas as cores e a mesma pel. E todos fracasaron».