«A medida estrela para próximo mandato é a modernización dos regadíos porque é o piar fundamental da economía do noso concello»

Elvira Lama Fernández, alcaldesa en Xinzo de Limia e candidata do PSOE

Cómo definirías a situación actual no concello de Xinzo?
Elvira Lama (E.L.): «Penso que é unha situación extremadamente boa. Pasamos uns momentos moi duros e difíciles durante a época da pandemia, fai dous anos estabamos perimetrados no concello, por iso en canto a saúde de todos e todas melloramos moitísimo. Dito isto, a situación é de ilusión, estamos en plena campaña electoral iniciada e este mandato só foi a toma de contacto para iniciar grandes proxectos. Non todos os que levábamos no noso programa e conxuntamente nos programas deste goberno cuatripartito. Tivemos que deixar de lado as siglas e por diante os veciños e veciñas que foi o que tratamos en todo momento. Desde o partido socialista e como alcaldesa tratei sempre de concerir os maiores avances, os mellores servizo e financiación para eses proxectos que saíron adiante e que están ahí pendentes de realizarse e plasmarse».

Cal é o principal problema que detectas actualmente no concello de Xinzo?
E.L.: «Temos algunhas eivas con algúsn maiores desperdigados por toda a provincia polo que temos solicitado a construcción dun xeriátrico para esa xente maior que necesita estar nunha institución pero que ao mesmo tempo ten a súa familia aquí en Xinzo e lles gustaría visitalos diariamente a ser posible, máis que nada para que esa persoa maior non perda o contacto e o seu entorno e para que a su familia poda disfrutar o maior tempo posible. Dito esto temos outras carencias, temos a necesidade de ter un auditorio con capacidade suficiente e cun esceario que dea cabida a cantidade de manifestacións culturais e musicais que temos no noso concello, somos un concello referente en facer grandes eventos. Pero o máis importante que temos agora enriba da mesa é esa boa noticia que temos un proxecto para a Avenida de Ourense e de Madrid, o que é a N525, que se vai a materializar este ano 2023. Ao mesm tempo temos un investimento importantísimo por parte do goberno de España para esa modernización dos regadío. Penso que todo esto son carencias que ten este concello, que están ahí ao alcance da man e que están comprometidas e son proxectos que se van a realizar si ou si».

Cal sería a medida estrela do seu partido neste próximo mandato?
E.L.: «A medida estrela para próximo mandato é a modernización dos regadíos porque é o piar fundamental da economía do noso concello. 35 millóns de euros do goberno de España, 4 millóns de euros da Xunta de Galicia para os 40 pozos que xa están feitos, as achegas que din xa están comprometidas doutras administracións para que lle salgo o máis económico aos regantes. A aposta decidida polas catro comunidades e os presidentes para levar acabo este proxecto que ratificaron o pasado día 9 na súa asamblea. Outro proxecto estrela será ese paseo polo río, catro quilometros que van pór en valor un espazo de ocio e de lecer para que Xinzo empece a mira cara o río Limia, como todos saben un río internacional. A parte temos esa N525, tamén case catro quilometros cunha renovación total e que vai supoñer a dotación de infraestruturas onde non as hai e a renovación doutras que exiten pero están obsoletas e significará, lóxicamente, un antes e un despois para esta vila o urbanizar e pór todas as medidas de seguridade na principal vía de acceso que atravesa o noso concello penso que vai a ser fundamental».

Que propostas presentades no voso programa para a dinamización económica do concello de Xinzo?
E.L.: «Necesitamos que nesa ampliación, que se vai a iniciar agora mesmo cando rematen estas eleccións, do parque empresarial atraer o número máximo de empresas para que se transforme aquí o que se produce aquí. Penso que temos ese deficit, crear emprego nese polígono empresarial, crear emprego é un piar fundamental para que a xente viva en Xinzo, que a nosa demografía creza e realicen aquí o seu proxecto vital. Pero como xa mencionei antes esa modernización do regadío poder supoñer que os nosos agricultores diversifiquen os seus cultivos e as súas explotacións sexan máis rendibles e sostibles medio ambientalmente».

Dependendo dos resultados electorais, estarías aberto a pactos con outras formacións?
E.L.: «Lóxicamente as espectativas teñen que ser mellores, supoño que cada partido dirá o mesmo. Todos saímos a pola maioría absoluta como queríamos gobernar tendo unha maioría ampla e suficiente para levar a cabo os proxectos cada un leva no seu programa. Dito esto, eu que estiven á fronte dun goberno progresista cuatripartito teño que destacar sobre todo a xenerosidade, a cooperación e a colaboración de todos os compañeiros con independecia do partido co que concurriron as eleccións. O grupo de goberno progesista foi sempre un, coas nosas discrepancias que existen incluso a nivel familiar, pero eso non quere dicir que sempre e por enriba de todo estaban os veciños e veciñas de Xinzo. Esta demostrado que este goberno progresista funcionou, cunha alcaldesa, a primeira vez na historia ao fronte do concello, dun equipo de goberno. Repito a gratitude a todos os membros do equipo deste goberno progresista, dende o primeiro ata o último, e, ao mesmo tempo, quero transmitir o meu agradecemento aos veciños e veciñas de Xinzo pola súa comprensión, pedir desculpas polos erros que cometemos, que seguramente foron moitos, pero tamén agradecida por ser a primeira alcaldesa do meu concello, é unha honra e un orgullo para min en política chegar a esta responsabilidade».