«Baixar impostos e políticas sociais aos maiores e aos nosos mozos»

Edelmiro Rodríguez Costa, candidato de VOX en Xinzo de Limia

Cómo definirías a situación actual no concello de Xinzo?
Edelmiro Rodríguez: «Todo está moi degradado creo que é necesario un cambio substancial e real. As rúas e a limpeza deben estar ordenadas. Foron catro anos de políticas ineficientes e ineficaces

Cal é o principal problema que detectas actualmente no concello de Xinzo?
E.R.: «Agora mesmo o problema que vexo está no urbanismo. E outra cousa é que a xente do censo deixa o concello para irse outros sitios polos impostos, xa que aquí pagamos moitos impostos; é dicir, o imposto é moi alto, xa que podes pagar o mesmo por un coche aquí que en Barcelona. O Concello tes que facelo atractivo para que a xente estea aquí».

Cal sería a medida estrela do seu partido neste próximo mandato?
E.R.: «Baixar impostos e políticas sociais aos maiores e aos nosos mozos a quenes hai que darlles un futuro potenciando un pouco a área de traballo. En canto aos maiores tentaremos negociar coa administración central, ou quen sexa para establecer aquí unha residencia gratuíta de anciáns para eles, ademais de ampliar a cobertura socio sanitaria no fogar».

Que propostas presentades no voso programa para a dinamización económica do concello de Xinzo?
E.R.: «Pois o turismo, por exemplo a Torre da Pena, o Mosteiro de Trandeiras. Facer un circuito do entroido que xa o temos aí e xa está bastante dinamizado ao igual que o tema da Civitas Limicorum, que tamén funciona, pero debemos promocionalo no exterior, non só quedar no autonómico e provincial, senón para darlle un pouco de cobertura no exterior. E outro punto importante tamén sería o polígono industrial oa que debemos darlle un pulo, intentar tocar a parte da automoción, etc.».

Dependendo dos resultados electorais, estarías aberto a pactos con outras formacións?
E.R.: «De momento, tratemos de conseguir un concelleiro, que é o importante, e despois miraríamos as opcións. Pero a cuestión é chegar a un acordo entre todos, que teña un bo funcionamento do Concello para o seu progreso e que a xente estea contenta de que sexa un Xinzo próspero. Aí estaremos para colaborar con todos eles sempre que sexan políticas amigables coa cidadanía».