«Das máis destacadas están as 15 actuacións de mobilidade vertical»

Gonzalo Jácome, alcalde e candidato de DO en Ourense

Como definiría a situación actual do Concello de Ourense?
Gonzalo Jácome: «Pois con nós, nestes catro anos, foi un concello afortunado por ternos no Goberno por que fixemos o que nunca se fixo en catro anos e dous con pandemia. Está sendo impresionantes os avances que estamos levando a cabo».

Cal podería ser o principal problema que ten o Concello?
G.J.: «O principal obviamente é a burocracia, pero é unha cousa que estamos solventando. A burocracia é durísima nun concello oxidado que o estamos a desoxidar».

Cal sería a medida estrela para o vindeiro mandato?
G.J.: «Hai moitas medidas estrela, pero unha das máis destacadas son as 15 actuacións de mobilidade vertical de ramplas mecánicas, ascensores e escaleira que se montarán en todos os barrios de Ourense: desde Rampa de Sás ata A Cuña. Tamén queremos recordar outra medida para o vindeiro mandato como son os novos autobuses con novas liñas e de gratuíto».

Algunha medida de dinamización económica?
G.J.: «Os concellos non teñen gran capacidade para medidas deste tipo, primeiro por orzamente e segundo por que a lei limítache competencias. Pero nós temos un proxecto que gañamos, quedando os primeiros de toda España e que unha subvención europea na que competían 300 concellos e quedamos os primeiros. Trátase dun «marketplace» que imos facer e que é a continuación do bono comercio, ademais dun proxecto orixinal noso».

Temos que falar, como non, de pactos.
G.J.: «O pacto está moi claro. Primeiro loitaremos pola maioría absoluta, pero se temos que sentarnos a negociar, eu estou disposto a pactar co diaño se con iso consigo o ceo para Ourense».