«Estamos abertos ao que beneficie á cidade»

María dibuja, candidata de CCD en Ourense

Como definiría a situación actual do Concello?
María Dibuja: «A esperada, non sei por que a xente bota a man á cabeza agora cando o sabían fai tres anos e permitiron que nos acosase un presunto delincuente. O sabía todo, o que escoito é moi familiar para min».

Cal é principal problema do Concello?
M.D.: «O Concello ten moitos problemas que evidentemente se poden solucionar. Porén, a día de hoxe o principal problema do Concello é Gonzalo Pérez Jácome».

Cal sería a medida estrela do seu partido?
M.D.: «A medida estrela do meu partido é un modelo de cidade. Antes de emprender nada temos que saber que cidade queremos. Cada cidade debe ver o que ten para explotala. Vemos cidades como Benidorm que o están facendo moi ben porque explotaron a súa beleza, o seu mar. Nós queremos un modelo de cidade pensado para a terceira idade, porque son moitas as persoas maiores que, dende os 65 anos, están en pleno poder das súas facultades, en pleno poder de liberdade e esa é a vida que aquí queremos dar. Obviamente solucionar o termalismo que vemos como se está; solucionar todo o casco vello; solucionar os barrios; solucionar o rural onde parece que non chega o Concello de Ourense. Buscamos un modelo de cidade para a terceira idade que nos levaría a unha serie de postos de traballo para os mozos. Aproveitemos o que temos que é o noso modelo de cidade».

Algo máis sobre dinamización económica?
M.D.: «O dito. A dinamización económica en nós comeza en que estamos a apenas dúas horas de Madrid. Temos un termalismo do que ninguén dubida. Temos unha gastronomía excepcional e temos un barrio vello que é unha verdadeira marabilla. Así que de aí parte o noso modelo de cidade, estamos seguros de que teñen que vir os maiores e a mocidade pola súa propia inercia, e creo que faríamos unha moi boa cidade porque hai moi boa xente e moi boas materias primas».

Parece que non haberá maiorías absolutas, por onde pasarían os pactos de CCD?
M.D.: «Estamos abertos ao que beneficie á cidade, e por suposto denunciaremos calquera irregularidade».