«Poremos as condicións para que chegue a Ourense inversión privada»

José Troncoso, candidato de VOX en Ourense

Como definiría a situación actual no Concello de Ourense?
José Troncoso: «Desde fai décadas está absolutamente decadente. É curioso que tres destos alcaldes destes 30 anos, se presenten como cabezas de listas (DO, PP e PSOE). Ourense precisa un cambio radical e VOX preséntase con esa intención».

Cal sería o principal problema de Ourense?
J.T.: «O principal é a falta de mocidade. Teñen que marchar a outras cidades de Galicia caso de Santiago, Pontevedra e A Coruña ou mesmo fóra de Galicia. Esa é única opción para ter un traballo digno, ter unha familia e ter fillos; aquí ter unha familia e realmente difícil por que es que, ademais, non teñen acceso á vivenda. Remediar esto non é tan complicado, debemos poñer as condicións para que empresas privadas poidan vir a Ourense e xeneren postos de traballo. A inversión privada trae riqueza como aconteceu, por exemplo, en Arteixo (A Coruña) onde se instalou Inditex realizando unha inversión moi forte e creando postos de traballo ben remunerados».

Cal sería a medida estrela do seu partido?
J.T.: «Unha medida moi importante é atender ás familias. Os españois, en xeral, consideran á familia como a institución máis importante, porén as administracións non a apoian e canto máis numerosa é, peor.
Aquí temos dúas medidas que son: axudas directas para nacementos e adopcións, e axudas diretas a un dos dous cónxuxes que queira adicarse ao coidado dos seus fillos e deixar o seu traballo temporalmente. Daremos unha axuda que se corresponda co que perde por deixar o traballo».

Algunha proposta en dinamización económica?
J.T.: «Poremos as condicións para que chegue inversión privada. Debemos recurtar a burocracia asfixiante existente no Concello. Se a unha emprese se lle pon problemas busca outro lugar e marcha. Se se simplifica esta burocracia seguro que as empresas chegarán con moita máis facilidade. E tamén temos que buscar unha rebaixa de impostos; en España son polo xeral asfixiantes e dos máis altos de Europa”.

Toca falar de pactos
J.T.: «VOX non pacta coa esquerda -queren destruir a sociedade occidental facendo outra sociedade coas súas teoría de xénero, LGTBI, etc.- baixo ningún concepto. E tampouco pactamos nunca con seperatistas ou independentistas. Cos demais, estamos abertos a que se o noso programa e o deles coincide e nos precisan para gobernar ou nós a eles, sentarémonos a negociar tralas eleccións do 28 de maio».