«Unha das nosas medidas será un Ourense saudable»

Toni Naval Calviño, candidato de Agora en Ourense

Como definiría a situación actual do Concello?
Toño Naval: «Unha situación caótica. Calqueira adxectivo negativo podería calificada nos últimos catro anos, pero agora máis que nunca. A nivel político é un desleixo; a persoa que está a cargo da institución demostra que é un corrupto, unha persoa que non cumple as medidas da súa candidatura. Criticou o caciquismo e cando ten o bastón do mando cambia a actitude; falaba de transparencia e non a cumpriu».

Cal é principal problema de Ourense?
T.N.: Por suposto Jácome, pero coa conivencia do PP. Tiveron catro anos para saber como era este home porén non foron capaces de realizar unha moción de censura. Non sabería dicir se este home ten algo positivo».

Cal sería a medida estrela do seu partido?
T.N.: «As nosas medidas engloban a toda a cidadanía pero as que nos poden diferenciar penso que é un Ourense saudable. Levamos unha proposta que é a saúde mental, a cidade é a segunda de España na que a mocidade ten máis problemas psicolóxicos. Así que nos comprometeríamos a colaborar con Sanidade para que os mozos teñan atención psicolóxica. Outra medida sería recuperar a casa de asistencia ás mulleres maltratadas: Outras medidas van enfocadas hacia un Ourense verde e saudable. Tamén nos comprometemos a publicar todos os contratos menores que realice o Concello.
Outra medida é a participación cidadá, a xente non pode participar cada catro anos, senón que ten que integrarse nos plans de cidade, colaborar todo o ano e en todos os ámbitos. Estamos a traballar nunha aplicación onde a xente participe, de forma activa, na política de Ourense».

Algunha medida en dinamización económica?
T.N.: «Ourense é unha cidade de comercio e non temos un plan empresarial polo que é preciso aprobar un plan de urbanismo para, entre outras cousas, adicar un espazo para que os empresarios poidan investir en Ourense. Levamos medidas para facer que o rural se dinamice, para recuperar os espazos da praza de Abastos».

Toca falar de pactos, a cales chegaríades?
T.N.: «Sempre pactos de esquerda. Somos seis partidos: dous ecoloxistas e catro de esquerda e non estamos dispostos a pactar con ningún partidos de esquerda; por suposto nin con DO, nin con PP nin con Cidadáns».