O Concello de Cualedro acollerá o vindeiro domingo, 30 de setembro, a terceira edición da súa Marcha BTT que ofrecerá aos participantes dous posibles percorridos, unha ruta longa de 58 quilómetros de dificultade media-alta, e unha ruta curta de 32 quilómetros de dificultade media-baixa. A presentación deste evento deportivo tivo lugar no Pazo Provincial, acto […]
Cualedro celebra este domingo, 13 de maio, coa “VIII Ruta dos Castros” unha xornada de exaltación da riqueza histórica dun dos municipios con maior número de vestixios e emprazamentos arqueolóxicos da provincia. Esta andaina, que conta co apoio da Deputación de Ourense, ten un percorrido de 16 quilómetros “e permitirá aos participantes contemplar nesta xornada […]
Os veciños e veciñas da comarca de Verín terán a oportunidade de adentrarse no fascinante mundo das abellas esta primavera. A fin de semana do 13 e 14 de maio a Asociación Galega de Apicultura en colaboración coa empresa Apilarouco celebrará un curso básico de apicultura para que as persoas interesadas poidan adquirir os coñecementos […]
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, supervisou esta semana os traballos de restauración forestal e medioambiental das áreas afectadas, o pasado verán, polos incendios na comarca de Verín. A Xunta e o Goberno Central destinan arredor de 550.000 euros aos traballos de recuperación nos concellos de Cualedro, Oímbra e Monterrei. As labores céntranse no […]
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, investirá 213.000 euros na mellora do pavimento e servizos da rúa da Igrexa na Xironda e adaptación do toural da feira en Cualedro. A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Cualedro, […]
Os traballos de restauración forestal e medioambiental que se están a levar a cabo en Cualedro tras o lume rexistrado neste concello ourensán e noutros da súa contorna en agosto de 2015 rematarán esta primavera. Así o anunciou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na súa visita a esta localidade, na que estivo acompañada […]
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, mantiveron unha xuntanza cos alcaldes de Cualedro e Monterrei, Luciano Rivero e José Luis Suárez, co obxecto de analizar a posibilidade de crear unha asociación de municipios para a prestación de servizos de Protección Civil. Segundo […]