Sara Corral, CxG

“Necesitamos poñer fin ao retraso das infraestrutura”

Sara Corral pide o voto para Compromiso por Galicia en Ourense, na procura de deixar atrás aos “tradicionais partidos políticos fracasados”.

Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense?
Sara Corral: «Necesitamos poñer fin ao retraso inxustificado das infraestrutura básicas. Como son:
1. Ave coa meseta
2. Autovía Ourense-Lugo A-52
3. Autovía Ponferrada Ourense.
4. Conexión entre a Nacional 120 e a 536 en o Barco de Valdeorras
5. Ave Ourense-Vigo
6. Construción dela Circunvalación Norte de Ourense Cidade».

Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia?
S.C.: «Por que temos cambiar os tradicionais partidos políticos fracasados, Ourense non pode seguir no furgón de cola, en niveis de Rendas, pensións, despoboación etc., faltan iniciativas útiles, e estamos fartos de que veñan a pedir votos a Ourense os partidos de sempre sen nada a cambio.
CxG non ten mochilas en Madrid somos un partido galego e para os galegos, so pensamos no benestar dos que viven en Galicia, non temos que gardar cola antes os xefes de Madrid».

«Galicia ten multitude de posibilidades sen explotar por ineficiencia na súa xestión e debemos sentarnos na mesa como as demais nacionalidades históricas para poder acadar o que en xustiza nos pertence. Non somos independentistas pero cremos que Galicia debe ampliar as súas competencias no marco estatuario para deixar aos galegos que sexa os verdadeiros artífices do ser futuro».

E como beneficiará ao estado en xeral?
S.C.: «En Compromiso por Galicia somos solidarios respectuosos cos pobos e moi integradores, sabemos o que fomos e o que queremos ser, non renunciamos a nada. CxG somos un partido de pacto, de acordo nas materias fundamentais e en colaborar co Estado, nas materias da Xustiza social, sanidade, educación…. etc. Cremos no estado do benestar e nos logros alcanzados pero tamén pensamos que moitos deles están en risco, por iso, desde Galicia somos conscientes de que a súa defensa e moito mais efectiva, tanto para os galegos, como para o resto do estado».