Entrevista a Amador Díaz - Alternativa por Xinzo da Limia.

“A situación de Xinzo pasa a ser desesperante”

Cal é o principal problema que ten Xinzo?
A.D.: “A hostalería e o pequeño comercio esmorece, a despoboación aumenta, o polígono industrial non atrae empresas e Xinzo xa non é un reclamo para visitar”.

Cal sería a principal medida a levar a cabo?
A.D: “Os servicios sociais: comedor sobre rodas, axuda a domicilio, transporte para atención médica dos maiores, todo isto co fin de que poidan vivir nos seus fogares e que as familias se poidan liberar dun pouco de carga no día a día”.

Que propón para a dinamización económica do concello?
A.D.: “Aposta decidida polo polígono industrial, captando novas empresas. A comarca gandeira e agrícola máis importante de Galicia será unha prioridade. Transformaranse en Xinzo os nosos produtos, creando para elo novas empresas e postos de traballo que xeren riqueza na nosa vila. Creación do museo agrario e creación das festas gastronómicas da rá e da pataca. Dinamización da praza de abastos. Axudas ás empresas pola contratación de xóvenes ata 30 anos. Un transporte municipal. Actividades durante todas as semanas do ano”.

Cal é a razón pola que AXIL se presenta en Xinzo?
A.D.: “O sentir de moitas veciñas e veciños que nos apoian e nos pediron axuda. A situación de Xinzo pasa a ser desesperante, e para nós será unha honra traballar para cambialo. ÁXIL será un goberno cercano, dialogante e emprendedor. Somos a única alternativa”.

Como definiría a lista da que vostede lidera?
A.D.: “Un grupo humano que ama a Xinzo e os pobos do rural”.

Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccións?
A.D.: “A xente está farta dos partidos políticos tradicionais, partidos que só pensan no rédito electoral esquecéndose de servir ás veciñas e ós veciños no día a día”.

Pactaría para gobernar?
A.D.: “Alternativa por Xinzo da Limia (ÁXIL) pretende ser a primeira forza política do Concello de Xinzo. Seremos dialogantes e escoitaremos a todos os candidatos, pero se de nós depende nunca permitiremos que o PP estea no goberno municipal máis tempo”.