«Deixar de fumar é posible»

Entrevista a Ricardo de la Fuente Cid, da unidade de deshabituación tabáquica de Lebrato & Grandío Hub Clinic.

Descubrimos a nova unidade da Lebrato & Grandío Hub Clinic, na que te axudarán a deixar de fumar, sempre e cando a túa motivación sexa alta, en varias sesións e dun xeito profesional, intentando evitar calquera recaída.

Todos sabemos que o tabaco é un vicio moi perigoso para a nosa saúde, pero aínda así moita xente segue fumando. Se eres desas persoas que pensa que chegou o momento de deixalo polo teu ben tes dúas maneras de facelo. Unha é pola túa conta e a outra, acudindo a un especialista que te guiará paso o paso ata que consigas deixar o cigarro para sempre.
Se pensas que podes facelo ti só, perfecto. Pero se non te ves capaz e necesitas axuda, Ricardo de la Fuente é o profesional que necesitas. Licenciado en Farmacia estivo ao cargo de dúas farmacias ao longo de 15 anos. Graduado en Nutrición e Dietética e cun Máster Experto en tabaquismo explicounos como funciona a súa unidade.

Farmacia, nutrición e agora tabaquismos, como foi ese percorrido?
Ricardo de la Fuente (R.F.): «O tabaco é un factor de risco que pode que hoxe esté un pouco infravalorado, non se lle da moita importancia. O tabaco é a primeira causa de morte previble a nivel nacional e internacional. En Hub Clinic decidimos apostar por esta unidade dun xeito multidisciplinar para aquelas persoas que desexen abandoar o tabaco teñan a nosa opción».

Por que a xente comeza a fumar e por que despois quere deixalo?
R.F.: «A maioría da xente comeza a fumar na adolescencia motivado polas compañías, antes tamén por modas; sentirse maiores e, por último, porque as tabaqueiras manexan moi ben o campo de marketing. Non cabe dúbida que o tabaco, a nicotina, nos xera un pracer temporal, pero a medio e largo prazo a nivel de saúde son numerosos os problemas que te vai xerar e aí é onde nos tentamos abrirche os ollos para que o deixes».

Se por fin dou o paso e veño á túa consulta, qué me atoparía?
R.F.: «Traballamos tres fases. Unha primeira fase que sería de evaluación, preparación do paciente, ver como se atopa a a través de distintas técnicas, test e probas. Cada persoa é distinta e persoalizamos os tratamentos. Sobre todo analizamos o grao de dependencia e o de motivación para deixalo. Se vemos que non está preparado para comezar a fase de «cesación» agardamos un pouco máis. A segunda fase comeza cando tanto el coma nós pomos unha data concreta para xa non fumar máis, o que chamamos o «día D». Nesta segunda fase entran en xogo técnicas psicolóxicas, cognitivas e todo elo acompañado dun tratamento farmacolóxico. Hai evidencias científicas de que os farmacos nestas técnicas conseguimos duplicar ou triplicar o éxito na deshabituación tabáquica. A duración desta etapa depende de cada persoa pero a nivel orientativo soe durar entre seis, oito ou máximo dez sesións, que en tempo ven sendo de dous a catro meses. No caso de que houbera unha recaída, que pode habelas, paramos proceso, analizamos as causas e volvemos a evaluar cando podemos comezar, outra vez, a deixalo e fixar outro «día D».
E a terceira etapa ou fase é a de mantemento da cesación e que perdure no tempo o abandono do tabaquismo. Insistir que a dependencia á nicotina é para toda a vida e que unha vez que o deixas é moi importante non volver a coller un cigarrillo».

Que beneficios opten a persoa que deixa de fumar?
R.F.: «O paciente ao deixar de fumar adquire unha liberdade que antes non tiña ao estar enganchado á nicotina. Gaña en calidade de vida. Dende a primeira semana xa o nota. A nivel respiratorio aumenta o osíxeno en sangue, respiramos mellor, diminúen as infeccións respiratorias, catarros, gripes…. As mans e unllas xa non están amarelas. Mellora o aspecto físico ao estar mellor hidratados, menos enrugas. O alento é máis agradable. E a longo prazo disminúe o risco de ter varios cancros, de esófago, pancreas, pulmón. Se deixas de fumar, aos 10 ou 15 anos as probabilidades de ter un cancro de pulmón son as mesmas cas dunha persoa que nunca fumou do limpo que xa tes os teus pulmóns. E por último un tema económico. O diñeiro do tabaco podes destinalo a mellorar a túa economía, unha viaxe…».

Cal é o balance ata o de agora da unidade?
R.F.: «Somos pioneiros en Ourense. A nivel privado ningunha clínica dispón deste servizo. Comezamos en febreiro e aínda non temos moitos datos pero as sensacións son positiva, vemos que gusta a nosa forma de traballar. A nivel nacional as unidades que traballan ben, entorno a un 30% dos pacientes ten éxito ao primeiro intento. Nestas unidades tamén temos recaídas e soe ser normal que unha persoa o deixe ao tercer ou cuarto intento. Pero temos que pensar de que de cada recaída temos que aprender o que se fixo mal. Por exemplo, se o paciente vai a unha celebración e colleu un cigarro e recaeu temos que analizar esa conducta co paciente e que non volva pasar».

Cando podemos dicir que alguén deixou de fumar?
R.F.: «A partires dos seis meses ou un ano podemos falar xa de ex fumador pero aínda así temos que estar moi atentos para non volver a recaer. Nós facemos unha cita cada seis meses, xa sexa presencial ou telefónica, para saber do seu estado e se o paciente sente debilidade ou gañas de querer volver fumar. Pode contar co noso apoio e volvemos a citalo para un encontro».

Cal pode ser o custe económico?
R.F.: «O custo é moi asumible. Dependendo do número de sesións podemos estar falando dun custe total de entre 250 ou 400 euros por toda a terapia. Destacar neste senso o aforro económico que supón deixar de fumar, que non é o máis importante, pero fumando un paquete ao día que custa sobre cinco euros, gasta ao ano 1800 euros aproximadamente. Imaxina algúns pacientes que temos que fuman dúas ou tres. Pero máis que o económico destacar o mal que se fai á saúde e ao físico de cada un fumando; á súa liberdade, porque dependes dunha sustancia tóxica».