«Non creo en medidas estrela, si en proxectos de traballo»

Teresa Barge Dapia, candidata do PSOE en Celanova

Como definirías estes catro anos de gobernanza do bipartito?
Teresa Barge (T.B.): «Chegamos novos a un concello cunha situación moi complicada. Houbo apostas e haberá moitas máis aposas e valentía».

Cal é principal problema que pode ter o concello a día de hoxe?
T.B.: «Con respecto a problemas, Celanova precisa dunha aposta de moito traballo e valentía, pero non de soñar; Celanova necesita unha realidade acorde á súa sítuación Celanova merecese o que se merece e iso implica aposta e esforzo e eu creo que é o momento pola conxuntura política de fondos europeos. Pedra Patrimonio, Medio Ambiente precisan unha aposta definitiva».

Fálame da túa lista?
T.B.: «Encabezo unha lista na que ten igual protagonismo cada un dos meus compañeiros. Nunca imaxinei ter un grupo de xente coma esta; a eles pregunteilles si querían traballar comigo e dixeron que si. Teño un grupo cohesionado no que somos todos iguais».

Cales serán as túas medidas estrelas?
T.B.: «Non creo en medidas estrela, si en proxectos de traballo. Proxectos como a educación con docentes que o traballan e que é un pulo fundamental para os nosos mozos e para os que puideran vir de fóra. Agora mesmo hai apostas pola xuventude na Xunta de Galicia pero que aquí non chegan; temos que mirarnos o embigo, somos 13 concelleiros de catro forzas políticas. É responsabilidade de todos que esas políticas non cheguen aquí. Outro dos proxecto ten que estar vinculado coa mobilidade: no meu pobo, fóra do meu pobo e coa provicia. Temos un entorno privilexiado, cinco bens de interese cultural, polo que demos darlle valor».

Algunha idea para a dinamización económica?
T.B.: «Non podemos pensar que aquí aterren moitísimas empresas. Pero ter un centro intercomarcal de emprendemento e axuda sería primordial, por que ao final Celanova é comercio, autónomo e pequena empresa. Debemos promover e orientar de cara á consecución de novos empregos, que será fundamental para que Celanova teña xente. Ademais, se fora necesario a segunda fase para os polígonos industriais, que se poña».

Estivechedes no Goberno por un pacto con CD e o apoio do BNG. Cres que podería ocorrer o mesmo tralo 28M?
T.B.: «Non saio o 28M a iso. Tralas eleccións o PSOE estará para procurar o mellor para o pobo, iso ten que quedar claro”.