«Traballamos na mellora continuada dos servizos»

Antonio Puga, candidato de Celanova Decide para Celanova

Como definiría a situación actual do Concello?
Antonio Puga: «Como a dun Concello cada vez mais atractivo para veciños, visitantes e potenciais inversores, que ten ante sí un futuro ilusionante e que, día a día, recupera a sensación de pertenza e o sentimento de orgullo que desapareceran nas dúas lexislaturas precedentes».

Cal é o principal problema?
A.P.: «A principal carencia que ten o Concello, é a da falta de saneamento e de abastecemento de auga nalgúns puntos do Concello. Non é de recibo que en 27 anos de maioría absoluta se desatendera de tal xeito a cobertura destas necesidades básicas que precisan de inversións millonarias. Nestos catro anos de goberno, e con unha pandemia de por medio, fixemos obras de mellora por un importe cercano aos 300.000 euros, e xa temos comprometida unha subvención da Confederación Hidrográfica Miño-Sil por un monto superior aos 520.000 euros».

Cales será a medida estrela de Celanova Decide?
A.P.: «Seguiremos traballando na cobertura e atención das necesidades das nosas veciñas e veciños, e na mellora continuada dos servizos».

Que propostas presentan, sobretodo, en dinamización económica?
A.P.: «Pelexaremos para que as Administracións con competencias na materia asuman tanto a prolongación da autovía AG-31 ata a fronteira con Portugal, como o recoñecemento e fomento do Camiño de San Rosendo como Camiño Xacobeo, sin olvidar, lóxicamente, o necesario acordo co IGVS para que se acometa de xeito inmediato a ampliación do Polígono industrial».

Despois da experiencia do bipartito, estará aberto a pactos?
A.P.: «Celanova Decide preséntase as elecións co obxectivo de gañalas coa maioría suficiente para que as inversións no noso Concello non teñan que seguir dependendo nin dos caprichos de ninguén, nin dos intereses partidistas que moven e condicionan a actuación e os posicionamentos dalgúns candidatos».