«Desde fai anos o PXOM está gardado nun caixón»

Chelo Vispo, candidata do PP en Barbadás

Como definirías a situación actual no concello de Barbadás?
María Consuelo Vispo (C.V.): «Despois de oito anos de goberno socialista é un caos. Desidia, todo está manga por hombro e agora nestes 15 días queren facer o que en oito anos non fixeron».

Cal é o principal problema que detectas actualmente no concello de Barbadás?
C.V.: «O principal problema problema é que non souberon manter o que no 2015 o Partido Popular deixou despois de 28 anos de goberno. Se realmente entramos o 28 de maio teremos que recuperar o que en oito anos non fixeron. Todos os pobos están levantados, as rúas, as escolas deportivas están de capa caída, eramos un referente no tema deportivo a agora mesmo xa non o somos. Tamén temos que recuperar a escola de música que está moi deixada, igual que todos os temas culturais. Todo o tema de obras e infraestruturas novas que non tivemos en oito anos. Nos tempos que temos hoxe en día Barbadás merece unhas instalacións deportivas axeitadas. Tamén un Auditorio e outras máis infraestruturas que nos traeremos».

Cal sería a medida estrela do seu partido no próximo mandato?
C.V.: «Sería recuperar o tempo e eses oito anos de desgoberno. Volver a por a política do Partido Popular a funcionar e recuperar todo o que no ano 2015 lle deixamos. O que si necesitamos é un Auditorio e unhas instalacións deportivas axeitadas á poboación que temos, unhas novas piscinas, non as que están agora que habería que melloralas, senon noutra parte do concello. Para rematar outra medida estrela sería un novo servizo de conciliación familiar nos colexios chamado «Boas Tardes Cole»».

Que propostas presentades no voso programa para a dinamización económica do concello de Barbadás?
C.V.: «Desde fai anos o PXOM está gardado nun caixón e non foron capaces de aprobalo e polo a funcionar e o que temos nós en mente o Partido Popular é sacar adiante ese PXOUM e así poder por solo a disposición das empresas e poder xerar emprego. Ímos necesitar máis tempo para por as nosas políticas en xogo e por a funcionar Barbadás de novo que é o máis importante».

Dependendo dos resultados electorais, estarías aberto a pactos con outras formacións?
C.V.: «Aquí en Barbadás presentanse seis grupos políticos e as maiorias absolutas tanto na dereira coma na esquerda son case imposibles. O normal é que a esquerda se xunte para que nós non entremos a gobernar. Para a posibilidade dun pacto con outra forza sempre temos as portas abertas. Estamos oíndo na rúa que a xente demanda un cambio e vamos intentar sacar o número máximo de concelleiros posibles e vendo a canto quedamos desa maioría absoluta, senon a conseguimos que pode ser, pois miraríamos as posibilidades dalgún pacto».