Concerto: Coro Gli Appassionati

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense

Dende o Coro Gli Appassionati querémosvos facer chegar a nova do noso próximo concerto en Ourense: Este vindeiro domingo, 6 de xaneiro, ás 19.30, no Auditorio Municipal de Ourense na Gala Lírica de Reis a cargo do Coro Gli Appassionati. Interpretaranse obras da ópera italiana e francesa máis queridas polo público: Rossini,Verdi, Donizetti Mozart, Ponchielli, […]

Exposición: “Corpo, natureza e conciencia”

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense

“Corpo, natureza e conciencia”, de Alberto Pena, no centro cultural “Marcos Valcárcel”. A exposición poderá visitarse ata o día 17 de febreiro. O centro cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense comeza este novo ano coa mostra “Corpo, natureza e conciencia”, na que o artista Alberto Pena, traslada aos lenzos a súa paisaxe interna, cunha […]

II Master Class de ximnasia en Xinzo

pavillón municipal de Xinzo de Limia

Este sábado o club EDC Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia organizan a II MasterClass de Ximnasia, no pavillón municipal. Nesta edición contarán coa medallista olímpica e campioa do mundo Lourdes Mohedano. Cincuenta serán os deportistas, ximnastas e adestradoras que participarán, divididos en dous grupos, maña e tarde, en horarios de 10h a […]

Conferencia

bar-restaurante O Tarao

Sustinea, Asociación de Desenvolvemento Sostible de Ourense organiza a charla "Un café con... Arancha Nogueira, poeta, muller, galega". Será o 24 de xaneiro, xoves, ás 19:30 h, no bar-restaurante O Tarao, en Ourense.

Salvamento acuático

Pavillón municipal dos Remedios

Campionato Galego xuvenil, júnior, absoluto e máster. Salvamento e Socorrismo Deportivo OURENSE 2-3 febreiro 2019. Piscina Rosario Dueñas

Concerto: Luz Casal

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense

Luz Casal en concerto coa xira “Que Corra el Aire”. No Auditorio municipal de Ourense, venres, 8 de febreiro, ás 20.30 horas. As localidades xa están á venda a través de www.ataquilla.com, sala de exposicións Afundación (praza Maior) e www.caveaproducciones.com. Prezos: 40 euros + gastos anfiteatro e 45 euros + gastos patio de butacas.

Exposición: «Entroido é todo»

Sala exposición de Verín

A Sala de exposicións de Verín acolle a mostra monográfica “Entroido é todo” de Aurora López A Sala de Exposicións de Verín acolle, do 15 de febrero ata o 8 de marzo, a mostra monográfica “Entroido é todo”, na que a artista Aurora López presenta máis dunha vintena de obras en distintos soportes (tea, lenzo, […]

Exposición: “Entroido é todo”

Sala exposición de Verín

“Entroido é todo” de Aurora López na Sala de Exposicións de Verín. Até o día 8 de marzo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Entroido é todo” de Aurora López. Vintesete obras, asinadas co seu nome de pía ou co de Tirabeke (que utiliza como deseñadora), compoñen esta exposición monográfica sobre o […]

COB – Valladolid

Pazo Paco Paz Finca Sevilla, 41, Ourense, Ourense

Sábado, 16 de marzo, a partir das 19 horas, COB - Valladolid, no Pazo Paco Paz.